Un ano mais a entidade soberanista Causa Galiza [3] convoca a tod@s @s nacionalistas a manifestarse contra a Constitución española o vindeiro día 6 de Decembro. Este ano a manifestación sairá ás 12:00 hrs do Paseo central da Alameda.
Co obxectivo de socializar a reivindicación do direito á autodeterminación, a entidade soberanista está a realizar un intenso traballo nestas semanas: reunións con colectivos, reparto de propaganda nas rúas e centros de traballo e a edición de diverso tipo de material.
A manifestación deste 6 de Decembro rematará na Praza do Toural onde se dará leitura ao manifesto e se incluirán actuacións musicais. A partir das 15 hrs, na carballeira de Santa Susana, realizarase un xantar popular polo prezo de 12 euros. Finalmente, a partir das 19:00 hrs comezará o concerto no que actuarán Mini e Mero, Homes sen Medo, Leo e Arremecaghona, Ultraqans e Ataque Escampe.
Desde o Movemento pola Base cremos importante o fortalecimento deste tipo de iniciativas e animamos a tod@s @s patriotas a participar na manifestación deste Domingo e nos actos posteriores (xantar e concerto). Para mais información pulsa aqui [4].