25 de Xullo

As celebracións reivindicativas dun novo Día da Patria veñen marcadas este ano por importantes acontecementos tanto nacionais, como estatais, como internacionais e ningunha organización política que se preze de definirse como tal pode omitir estes feitos.
A nivel internacional a situación en oriente medio co despregue militar de EE.UU e Israel fronte as costas de Iran poden provocar unha guerra que como mínimo deixaran desabastecido ao mundo do 50% do petroleo mundial provoncando o colapso económico e alimentar a nivel mundial; no peor dos casos pode provocar unha guerra mundial con uso de armas nucleares feito este último que non se debe descartar . O verquido de BP no golfo de Mexico é a outra cara da tolemia na que estan metido o gran capital americano co unico obxetivo de conquerir máis e máis petróleo para manter un modo de vida e unha escala de valores sociais que lles reporta uns beneficios xigantescos, ainda que sexa a costa de estragar o medio ambiente e matar persoas inocentes.
A nivel do estado español a sentenza do TC contra o povo de Catalunya deixa a luz a verdadeira democracia española que non é outra que o sometemento de millóns de persoas a un tribunal que ten como finalidade que o entramado político, xudicial, administrativo e social se manteña inamovíbel. A sentenza do TC deixa claro que non é posibel unha via reformista do estado na cal poidan coller as distintas nacións, lingüas e culturas e deixa como unico camiño posíbel para o nacionalismo galego o independentismo formal para a consecución da soberania nacional.
A crise sigue cebandose na clase traballadora mentras que o gran capital sigue obtendo máis e máis beneficios. As medidas imposta polo governo español non teñen outra finalidade que facer que esta crise a paguen os de sempre a clase traballadora. Fronte a esta situación é preciso apostar pola folga xeral como medio de protesta e para por no centro do debate que a presente crise non se solventa máis que superando o sistema capitalista actual coa instauración dun socialismo que aceite a realidade da limitación dos recursos enerxéticos dispoñibeis e inicie un novo xeito de relacionar as persoas co entorno cos rodea.
A nível nacional a esperanza sigue depositada na resitencia e no despertar do povo galego, pois as políticas do Feijoo non teñen outra finalidade que a de acabar coa nosa existencia como NACIÓN.
Diante desta situación tan levada ao límite a suma do socialismo e o decrecionismo parecen ser as unicas luces no escuro panora mundial. Só apostando polo racionalismo na relación co entorno no que nos tocou vivir e só apostando polo local e pola UNION DO LOCAL seremos quen de superar e gañar ao fascismo que se quere impor en todo occidente. Por desgraza ( ou cicais por sorte ) vivimos nun mundo limitado e non podemos enchernos a boca falando de internacionalismo senón somos capaces de ir aceitando que ao mellor vivimos cunha pegada ecolóxica que non nos corresponde.
O Día da Patria é un día de reivindicación pero tamén o é de encontro fratenal entre todos os homes e mulleres nacionalista galegos sexa cal sexa a súa militancia partidaria. O Día da Patria é o día no cal lles decimos aos españois que GALIZA É UNHA NACIÓN plural e unida fronte ao TC, os seus medios de comunicación, o seu poder xudicial e a súa prepotencia respaldada por unha policia e un exercito que impiden o exercizo valores tan elementais como a liberdade de expresión.
O Día da Patria todos e todas a Santiago reivindicar a nosa existencia de xeito fraternal. O Día da Patria todos e todas con Causa Galiza.