O SILENCIO ASASINO DOS ESTADOS E OS SEUS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Miguel Anxo Abraira

Na conferencia nacional de MpB celebrada o pasado sábado 12 de xuño aprobouse un documento de análise e propostas fronte á crise que tanto está mudando a sociedade en pouco tempo -de momento para mal moi ao meu pesar- debido ao medo que as persoas teñen sobre o futuro. Este medo en frase acertada dun compañeiro e camarada da organización volve a xente máis conservadora e reaccionaria.

 

O documento aposta por dar un discurso diferente á esquerda tradicional sobre as solucións que hai que pór encima da mesa para superar a crise. Pois a esquerda tradicional non é hoxe máis que unha esquerda procapitalista xa que a súa acción diaria así como as súas receitas non teñen outro obxectivo que salvar o propio sistema capitalista reformando este. Desde o MxB entendemos que é o momento de dar un discurso baseado na necesidade de superar o actual sistema destruíndo os estados actuais e creando uns novos estados nos que estes non sexan máis que a parte máis importante da trama da autorganización do pobo.

 

Os estados actuais do sistema capitalista non están ao servizo da xente están ao servizo das multinacionais e do gran capital impondo leis e medidas que non teñen outra finalidade que a de favorecer o enriquecemento material duns poucos a costa de medio ambiente e de aproveitarse do esforzo de millóns de persoas. É por isto que é preciso destruír os estados actuais. Só coa súa destrución pacífica os homes e as mulleres poderemos librarnos dun modo de vida que nos leva a ser escravos dos bens materiais a costa de renunciar a un paso pola vida baseado no seu gozo apoiándose en relacións sociais non competitivas; porque queirámolo ou non os humanos somos animais sociais e necesitamos da relación cos nosos semellantes para desenvolvernos como persoas.

 

Outra razón da necesidade de destruír pacificamente os actuais estados para crear uns novos e a súa teima por manipularnos deixándonos ver e saber o que eles queren e ocultándonos o que non lles interesa. A manipulacións dos medios de comunicación a nivel occidental é algo habitual nos tempos que nos está tocando vivir sirva como exemplo a manipulación a que nos someteron os estados e os seus medios de comunicación antes do ataque a Iraq e sirva tamén como outro exemplo a infamia de agocharnos datos que indican un inmediato inicio dunha guerra contra Iran por parte de do estado de Israel e do estado de EE.UU. Conflito armado que pode levar consigo o uso de armas nucleares e a morte de millóns de persoas a nivel mundial. As tensións que se están vivindo cos protagonistas citados están sendo ben ocultadas detrás do mundial de fútbol e grazas a internet a noticia do inicio do que pode ser a 3ª guerra mundial non nos está pasando desapercibida aos que queremos estar informados de xeito alternativo. O inicio desta guerra é algo que xa non só se fala no movemento antisistema do mundo occidental senón que tamén é difundido a “berros” (www.ain.cu/2010/junio/25edreflexiones.htm) polo mesmo Fidel Castro nos seus artigos habituais.(www.ain.cu/2010/junio/junio17iggreflexiones.htm)

 

Pode que o anaco de pobo galego que se organiza en MpB non sexa moi grande pero cando menos temos o firme desexo de destapar na media do posíbel todas as bandeiras falsas e mentiras que o gran capital nos quere colar un día si e outro tamén para recortarnos as nosas liberdades e converternos nos seus escravos e escravas aínda que iso supoña que nos inclúan no recentemente aprobado ficheiro da UE (http://register.consilium.europa.eu/pdf/es/10/st08/st08570.es10.pdf) de individuos de opinións radicais. (www.cuartopoder.es/casidesnuda/la-ue-vigilara-a-los-ciudadanos-de-opiniones-radicales/210)

 

Nota do autor: É preciso ler a información dos enlaces para unha correcta compresión do artigo.