O que non se sabe da crise
A crise que están a viver alguns países mediterráneos –Grecia, Portugal e España– e Irlanda está-se atribuindo ao seu excesivo gasto público, que supon-se ten creado un elevado déficit e unha exuberante déveda pública, escollos que dificultan seriamente a sua recuperación económica. De ahí as recetas que o Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo (BCE) e o Consello Europeo viñeran impondo a aqueles países: hai que apertar-se o cinto e reducir o défice e a déveda pública dun xeito radical. É sorprendente que esta explicación teña alcanzado a dimensión de dogma, que se reproduce a base de fe (o omnipresente dogma liberal) e non a partir dunha evidéncia empírica. En realidade, ésta amosa o profundamente errónea que é tal explicación da crise. Vexamos os dados.
Todos estos países teñen os gastos públicos (incluindo o gasto público social) máis baixos da UE-15, o grupo de países máis ricos da Unión Europea, ao cal pertencen. Como quera que se olle, (ben gasto público como porcentaxe do PIB; ben como gasto público per cápita; ben como porcentaxe da povoación adulta traballando no sector público), todos estos países están à cola da UE-15.O seu sector público está subdesenvolvido.Os seus estados do benestar, por exemplo, están entre os menos desenvolvidos na UE-15.
Unha causa desta pobreza do sector público é que, desde a Segunda Guerra Mundial, estos países estiveron governados a maioría do periodo por partidos profundamente conservadores, en estados con escasa sensibilidade social. Todos eles teñen uns sistemas de recadación de impostos escasamente progresivos, con carga fiscal menor que o promedio da UE-15 e cun enorme fraude fiscal (que oscila entre un 20 e un 25% do seu PIB). Son estados que, ademáis de ter escasa sensibilidade social, teñen escaso efecto redistributivo, polo que son os que teñen maiores desigualdades de renda na UE-15, desigualdades que se teñen acentuado a partir de políticas liberales levadas a cabo polos seus governos. Como consecuéncia, a capacidade adquisitiva das clases populares reduciu-se notablemente, creando unha economía baseada no creto que, ao colapsar-se, provocou un enorme problema de escasez de demanda, causa da recesión económica.
É este tipo de Estado o que explica que, a pesar de que a sua déveda pública non sexa descomunal (como erróneamente se presenta no caso de Grecia nos medios, cuia déveda é semellante ao promédio dos países da OCDE), xurdan dúvidas de que tais estados podan chegar a pagar a sua déveda, consecuéncia da sua limitada capacidade recaudatória.O seu défice deve-se, non ao aumento excesivo do gasto público, senón à diminución dos ingresos ao Estado, resultado da diminución da actividade económica e a sua probada ineficácia en acadar un aumento dos ingresos ao Estado, devido à resisténcia dos poderes económicos e financieiros.
Por otra banada, a falla de creto debe-se ao excesivo poder do capital financieiro e a sua influéncia na Unión Europeia e os sus estados membros. Foi a banca a que, cos seus comportamentos especulativos, foi creando burbullas que, ao estalar, xeneraron os enormes problemas de falla de creto.E agora están creando unha nova burbulla: a da déveda pública.A sua excesiva influéncia sobre o Consello Europeio, a Comisión Europeia e o Banco Central Europeio (este último mero instrumento da banca) explica as enormes axudas aos banqueiros e accionistas, que están xerando enormes beneficios. Conseguen abondante carto do BCE a baixísimos intereses (1%), co que mercan bonos públicos que lles dan unha rendibilidade de até un 7% e un 10%, axudados polas suas axéncias de cualificación (que teñen nula credibilidade, ao ter definido a vários bancos como entidades con elevada saúde financieira días antes de que colapsaran), que valoran negativamente os bonos públicos para conseguir maiores intereses.Engada-se a elo os hedge funds, fundos de alto risco, que están especulando para que colapse o euro e que teñen a sua base en Europa, no centro financieiro de Londres, a City, chamada o “Wall Street Guantánamo”, porque a sua falla de supervisión pública é incluso menor (que xa é moito dicer) que a que se da no centro financieiro de EEUU.
Como ben dixo Joseph Stiglitz, con todos os fundos gastados para axudar aos banqueiros e accionistas poderian-se ter criado bancos públicos que xa terían resolto os problemas de creto que estamos experimentando (ver o meu artigo “¿Por qué non banca pública?”, en www.vnavarro.org).
En realidade, é necesário e urxente que se reduza o sobredimensionado sector financieiro no mundo, pois o seu excesivo desenvolvimento está danando a economia real. Mentres a banca está pedindo às clases populares que se “apreten o cinto”, tais institucións nen sequera teñen cinto. Dous anos despois de ter causado a crise, ainda permanecen coa mesma falla de control e regulación que causou a Grande Recesión.
O maior problema hoxe na UE non é o elevado defice ou déveda (como di a banca), senón o escaso crecemento económico e o aumento do desemprego. Elo exixe políticas de estímulo económico e crecemento de emprego en toda a UE (e moi especialmente nos países citados neste artigo). Non ten habido unha crise das proporcións actuais no século XX sen que teña habido un crecemento notábel do gasto público e da déveda pública, que se ten ido amortizando ao longo dos anos a base de crecemento económico. EEUU pagou a sua déveda, que lle permitiu sair da Grande Depresión, en 30 anos de crecemento.O maior obstáculo para que elo ocurra na UE é o domínio do pensamento liberal no establishment político e mediático europeio, impondo políticas que serán ineficientes, ademáis de innecesárias.
E todo para asegurar os beneficios da banca. Así de claro.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| crise.JPG | 34.64 KB |