Vigo
O luns 29 de xuño comeza a marcha a pé dos folguistas do Metal a Compostela
Desde as oito da mañá milleiros de folguistas sairán desde Vigo en autobuses para xuntarse cos compañeiros do Metal en folga de Pontevedra, Salnés, Morrazo e Deza para comezar unha marcha a pé, nun novo xeito de se mobilizar pola defensa dun convenio xusto, pola dignidade e loita exemplar deste sector.
Nón á represión da loita obreira do Metal en Vigo
Desde o Movemento Pola Base queremos amosar a nosa solidariedade coa loita dos traballadores e traballadoras do metal de Vigo e condenar a brutal represión policial do mércores 3 de xuño.
Estes graves feitos súmanse á actitude intransixente da patronal nos últimos días que, lonxe de querer buscar unha saida xusta para os traballadores neste conflito, pretende a victoria das súas posicións a toda costa. Do mesmo xeito fica claro, mais unha vez, ao lado de quen están as forzas de seguridade e quen os manda.
Dúas novas xornadas de folga, 20 e 21 de maio, polo convenio do Metal de Pontevedra
Desde hai algo máis dun mes comezaba a visibilizarse nas comarcas de Vigo e Pontevedra o conflito pola negociación do convenio provincial do Metal, no que traballan perto de 27.000 operarios e operarias. Queremos desde o Movemento pola Base achegar nestas liñas información sobre o conflito asi como amosar o noso total apoio aos compañeiros e compañeiras do Metal.
