solidariedade
Laura Bugallo xa está en liberdade
Movemento pola Base considera a detención de Laura Bugallo “unha caza de bruxas contra aqueles sectores da sociedade galega solidarios coas persoas inmigrantes”. O MpB critica a posición de cobardia da maioria da dirección da central sindical CIG, que “negou o seu apoio formal e público a nosa compañeira, favorecendo o clima criminalizador contra Laura”.
Concentración o 27 ás 20.30 no Toural pola liberdade de Laura Bugallo: defender inmigrantes non é delito!
Informamos da convocatoria dunha concentración este mércores 27 de maio na Praza do Toural ás 20.30 para reclamar a liberdade da nosa compañeira Laura Bugallo, detida na xornada de onte pola Policia Nacional, nunha clara campaña de ataque e acoso á rede de apoio das persoas inmigrantes na Galiza. Porque defender os inmigrantes non é delito, achegáte a amosar a túa solidariedade e difunde!
