monolingüismo
14 de Maio: Folga pola Lingua no Ensino
A Mocidade pola Lingua é unha plataforma que de hai xa uns meses vén coordenando o labor de diversos grupos comarcais en defensa da plena normalización do noso idioma e o monolingüismo social. Para o vindeiro 14 de Maio convocan unha folga xeral no Ensino Medio, coa que pretenden levar de volta á rúa a reivindicación dun ensino na nosa lingua, baixo o lema "Na Galiza imos estudar en Galego".
