moncho reboiras

A loita continúa!

Moncho Reboiras

Outro 12 de Agosto lembramos ao compañeiro Moncho Reboiras. Para os que seguimos na loita, sen claudicar, empeñados na construción dun poder popular que se alicerza  desde abaixo, a de hoxe non é unha data mais no calendario "litúrxico" do nacionalismo. Conmemorar esta data supón homenaxear a toda esa xeración que aló no principio dos anos setenta, nunhas condicións moi duras, puxeron outra vez a andar o nacionalismo neste País.

Homenaxe a Moncho Reboiras

Homenaxe a Moncho Reboiras

Militantes do MpB déronse cita no cemiterio de Imo (Dodro) o pasado 12 de agosto, para conmemorar o 33º aniversario do asasinato do militante nacionalista e comunista Moncho Reboiras, a mans da policía española en Ferrol.