Nace Causa Obreira, Corrente Sindical organizada na CIG

 

A Corrente Sindical “Causa Obreira” é unha corrente sindical organizada dentro da Confederación Intersindical Galega.
O seu nascimento é froito da unidade orgánica da “Corrente Sindical pola Base” e do “Colectivo 10 de Marzo”.Esta unidade orgánica é a culminación nunha actuación coincidente nos organismos da CIG e na práctica da acción sindical e negociación colectiva en distintas estruturas federativas e territóriais da CIG onde ambos os grupos actuan.

A Corrente Sindical “Causa Obreira” non é pois unha nova corrente sindical, senón que é a consecuente posta en práctica da convicción da necesidade de dar pasos de cara a acadar unha imprescindíbel cohesión interna dentro da CIG.É tempo de pór en valor os elementos de coincidéncia entre as distintas sensibilidades que forman parte da CIG e deixar en segundo plano as nosas diferéncias.
A ofensiva ultraliberal que consume europa e que se plasman no estado español, entre doutros, en diferentes reformas laborais e no desmantelamento dos sistemas de protección social, no desmantelamento da sanidade pública, ensino público etc.. fan imperativa e mais necesária que nunca o traballar para que a unidade de Clase sexa unha realidade.A unidade de Clase debe comezar pola unidade e cohesión das distintas sensibilidades da CIG na loita contra a agresión que os direitos e liberdades da Clase Traballadora están a sofrer con extrema virulencia de xeito que a unidade na CIG se poda trasladar en percura da unidade de Clase nos centros de traballo, é dicer, pola base.

A Corrente Sindical Causa Obreira ten como princípios fundamentais da sua acción aqueles que as correntes que hoxe confluen en “Causa Obreira” veñen pondo en valor na sua acción dentro da CIG e que son fundamentalmente os seguintes:

1-A Autonomia Sindical:

Todas aquelas accións e estratéxias desenvolvidas pola CIG teñen que emanar das bases da organización e respostar aos intereses da Clase Traballadora Galega, non dos intereses de organizacións políticas, gremiais ou de calquera outra índole.A total independéncia da CIG respeito de calesquera organización política ou grupo de poder asi como do estado é o elemento garante da sua actuación consecuente.

2- Democrácia e Pluralidade interna:

A estrutura sindical deve ser um mecanismo rexido pola mais ampla democrácia en todos os níveis e en todos os seus organismos e instáncias, garantindo, deste xeito, a mais ampla liberdade de expresión das correntes internas.A pluralidade debe ser vista como algo positivo, como a aportación de distintos pontos de vista na elaboración dunha análise da realidade o mais científica posível.

3- Mantemento da CIG como sindicato Nacionalista de Clase e Combativo:

Dentro da realidade de conflito de clases na que vivemos, devemos pular pola defensa da unidade da clase traballadora en torno de seus obxetivos imediatos e históricos combatendo a política de colaboración de clase e o pacto social, elemento ferinte dos intereses dos traballadores e traballadoras.O potenciamento do conflicto como elemento de escenificación da loita de Clase ten de xogar un papel de primeira orde no accionar da Central Sindical.
A necesidade da soberania política da Nación Galega como elemento de desenvolvimento da estrutura productiva do Pais e elemento de interés para a Clase Obreira Galega debe ser posto en valor na actividade
sindical da CIG.

4-Acción  Sindical:

A acción sindical da CIG debe estar dirixida ao combate de todas as formas de explotación, utilizando-se  as formas de loita que leven a reais conquistas económicas, políticas e sociais dos traballadores e traballadoras.Neste sentido a “Causa Obreira” vén impulsando na CIG o desenvolvimento de políticas de auto-organización social na loita contra os desafiuzamentos, na auto-organización dos desempregados/as, na construcción de comedores obreiros, no asesoramento de posta en marcha de proxectos de economia social, etc…

5-O papel das Bases:

As bases da CIG, a afiliación organizada nas empresas e centros de traballo, ten de ter o papel mais relevante dentro da Central.Desde as bases cria-se a necesária unidade de Clase, e desde as bases agroma a forza do verdadeiro sindicalismo.A participacións das bases no sindicato é garantia da sua saude presente e futura.A organización desa base apegada aos centros de traballo deveria ser o eixo fundamental do traballo organizativo da CIG.Só asi poderá-se enfrontar a futura negociación colectiva e unha acción sindical con posibilidade de resultar eficaz.