Celebramos a liberdade de Miguel Nicolás
Desde o MpB celebramos a saída do cárcere do compañeiro Miguel Nicolás, independentista galego preso desde decembro de 2010 sen ser xulgado.
Miguel levaba 16 meses en prisión nos que se lle aplicaron as ilegais e arbitrarias leis antiterroristas do estado española, así como a política de dispersión, en virtude da cal pasou polas cadeas da Lama, Villabona (Asturias) e Zuera (Zaragoza). Agora sae en liberdade provisional despois de pagar unha fianza de 3000 euros e á espera do xuízo no que está imputado xunto con Telmo Varela, que tamén está preso desde marzo de 2011.
O Comité de Solidaridade e Apoio a Miguel e Telmo convocou para o 4 de maio un recibimento popular a Miguel, que terá lugar ás 19:30 diante do mercado vigués do Calvario. Logo haberá unha cea solidaria ás 21:00 no centro social Lume!