O MOVEMENTO POLA BASE CELEBRARÁ CONFERENCIA POLÍTICA O VINDEIRO 31 DE MARZO EN COMPOSTELA
O Movemento pola Base (MpB) ven de fixar a convocatoria dunha Conferencia Política que vai ter lugar o sábado 31 de marzo en Compostela, na que concluirá o traballo de análise da conxuntura e propostas de actuación para o novo período encetadas na III Asemblea Nacional da nosa organización, celebrada en setembro do pasado ano 2011.
A nova situación xerada polos distintos movementos de recomposición do nacionalismo galego de esquerdas vai ser o tema central de debate na Conferencia, pois o MpB entende que nos atopamos diante dun escenario novo, no que as decisións que se tomen ha marcar o futuro da esquerda independentista nos vindeiros anos. O MpB vai analisar esta nova situación e defenir o seu ámbito de relación organizativo e político e asi mesmo vai definir os postulados mínimos sobre os que deben moverse estas relacións que terán mui enconta a actuación política das distintas organizacións e axentes coas que mantivo relación desde a marcha do BNG hai uns 3 anos.
Esta nova situación, con independencia da valoración que a respecto das posibilidades de suceso que para a articulación de novas ferramentas se poidan facer, obriga sen dúbida a dar un debate imprescindíbel sobre a validez das estratexias postas en marcha e a adecuación das mesmas ao novo contexto, o que obriga a revisar ámbitos de actuación e políticas de alianzas.
O MpB ha de actuar neste contexto con plena soberanía e independencia de criterio, procurando a socialización e espallamento das liñas de traballo que se acorden en aras de sumar esforzos para o afortalamento das posicións independentistas e nidiamente de esquerdas no novo contexto, pulando pola construción desde abaixo de iniciativas abranxentes que sexan quen de vertebrar espazos e alternativas reais.
Movemento pola Base
Galiza, 2 de marzo de 2012.