O Movemento pola Base chama a participar na Mobilización do 6D de Causa Galiza
O Movemento pola Base chama á participación da mobilización de Causa Galiza por un novo marco de soberanía política e económica este 6 de decembro
A Constitución é unha fraude! Basta de recortes sociais! Soberania nacional! Baixo esta lenda a Iniciativa Popular pola Autodeterminación Causa Galiza chama a nacionalistas, soberanistas e independentistas a se manifestaren o 6 de decembro en Ferrol, situando a necesidade de superar o actual cadro xurídico-político como estratéxia e resposta frente á crise do modelo socioeconómico.
A mobilización partirá da Praza do Hino Galego a partir das 12:oo h., percorrendo varias rúas até chegar ao Cantón onde se rematará o acto coa lectura dun manifesto. Neste marco, recordaremos o próximo 40º aniversario das loitas operarias de 1972, que evidenciaron a existencia dunha dinámica propria da clase traballadora galega e se encontran na orixe da constitución do sindicalismo nacionalista. Ademáis, na noite do día 5 para o 6, celebrarase en Ferrol un concerto organizado por Causa Galiza do que informarçá-se proximamente no web de Causa Galiza
Por un marco de soberania política e económica plenas