6D por un novo marco de soberania política e económica para a Galiza
Publicamos a programación completa dos actos do 5 e 6 de decembro en Ferrol
Un ano máis, Causa Galiza mobilizará-se para expresar o rexeitamento do actual cadro xurídico-político imposto en Galiza entre 1978 e 1981 e reividicar un novo marco de soberanía política e económica para a Galiza. A manifestación nacional que celebramos anualmente desde 2007 celebrarase nesta ocasión na cidade de Ferrol, coincidindo cun progresivo agravamento da crise socioeconómica en que está imerso o País e defendendo alternativas estratéxicas frente á situación.
A programación do 6D de 2011 desenvolverase nesta edición coas seguintes actividades:
Luns/Segunda-feira, 5 de decembro
16:00 Aberto de Billarda no lugar de Bertón
18:00 Merenda popular: chourizos e lacón
21:00 Concerto cos grupos Nhió! e Castomä
A entrada é a 3€. O local é o Bar Chimarrao e encóntrase em Sartaña, 21
Martes/Terza-feira, 6 de decembro
12:00 MANIFESTACIÓN NACIONAL
Saída ás 12:00 h. da Praza do Hino Galego e remate no Cantón
Actuación de Míni e Mero
Intervencións políticas de Joám Lopes, Xesús Pintos e Laura Bugalho
Causa Galiza está a fretar un autocarro que se desprazará desde Vigo, facendo paraxes en Ponte Vedra e Compostela para achegar a aquelas pesoas que non dispoñan de carro particular. Neste mesmo web pódese consultar a noticia en que se facilita o contacto para reservar prazas neste autocarro.