Campaña pola Autodeterminación
O Movemento pola Base anima a participación de toda a sua afiliación, a todas as Compañeiras e Compañeiros independentistas a participar en Causa Galiza. E informa que Causa Galiza realizará este sábado 4 de Setembro unha rolda de prensa ás 11:30h diante do Museo do Povo Galego (Compostela) para presentar a Campaña longa pola Autodeterminación que se inicia neste outono e denunciar como liquidada a via estatutária cando se volve falar da reforma do Estatuto de Autonomia de 1980.
A rolda coincide no tempo coa realización por parte do nacionalismo institucional dun acto con cargos públicos para reivindicar a vixéncia desa via e un Estatuto que recoñeza nominalmente Galiza como Nación. Alén de apresentar a nosa própria dinámica de traballo, o obxectivo da rolda de prensa é pois visibilizar a contradición entre a estratéxia soberanista e a autonomista.
Nos vindeiros dias publicaremos o lugar e hora exacto da rolda de prensa