AS ORGANIZACIÓNS AGRÁRIAS PECHAN O CALENDÁRIO DE MOBILIZACIÓNS
O Movemento pola Base diante da situación das gandeiras e gandeiros en Galiza apoia as reivindicacións do SLG.
As Empresas e os Partidos políticos governantes en Galiza e en Madrid non refrendan, nen defenden a defensa dos nosos direitos de producción, establecen relacións capitalistas de connivéncia coas empresas lácteas que, en suma, son acordos de expoliación e especulación. O MpB está comprometido coa Soberania Alimentar e acha que o único camiño de facer-nos oir na Europa é desde a conquista da Soberania Nacional como Pobo. A Union Eurpopea e Madrid teñen responsabilidade na situación das produtoras e produtores do leite, e a Xunta é culpábel.
A irresponsabilidade de indústrias e administracións impiden outra saída ao sector. O Sindicato Labrego Galego (SLG),Unións Agrarias (UUAA), Xóvenes Agricultores (XXAA) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrárias (AGACA) pecharán o vindeiro 31 de agosto o calendário de reunións sectoriais que leva desenvolvendo ao longo dos meses de xullo e agosto para tentar atopar unha saida á desesperada situación dos produtores e produtoras de leite na Galiza.
No citado encontro, que terá lugar en Compostela, tratará-se o calendário de mobilizacións previsto para denunciar a usura á que da entrada a actitude inmoral e chantaxista das indústrias lácteas, salientando en negatividade Lactalis, Leite Río e Celta, que están a piques de pasar á História como os especuladores que afundiron un sector do que dependen máis de 100.000 empregos, e que é a base económica do 50% dos concellos de Galiza.
Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Xóvenes Agricultores e a Asociación Galega de Cooperativas, porán tamén enriba da mesa o ausentismo e a deixadez de funcións da que as administracións fixeron gala en todo este período. Unha actitude ben distinta á amosada polos representantes políticos franceses, que polo menos acadaron hai unhas semanas un acordo entre o sector, que na práctica trazou un incremento dun 10% para o segundo semestre do 2010, o que supón acadar un prezo para o produtor de 33 céntimos, que mália a nen sequera supór cubrir custos de produción, alomenos demostra un certo interese gubernamental por mellorar a situación dos gandeiros e gandeiras franceses.
Lonxe desta situación, a venda da produción do sector produtor galego está sometida á franxa dos 28 céntimos, percebindo as explotacións lácteas de Galiza prezos entre os máis baixos das comunidades produtoras do Estado español, cuns ingresos inferiores nun 13,4%, o que supón unha míngua de 14.465,51 € na sua renda anual.
As organizacións agrárias e as cooperativas esperan das administracións que poñan enriba da mesa políticas e plans de accións que reconduzan as prácticas irresponsábeis das indústrias lácteas que están a fomentar a especulación na distribución, nun momento no que en toda Europa esta-se a dar unha conxuntura claramente alcista para o prezo do leite e os seus derivados.
Esta realidade vénse sumar a outras claras actuacións de abuso de poder cara ao colectivo de produtoras/es de leite consistentes en ameazas de deixar liñas de recollida de leite, atrasos nos pagamentos, repartimento das rutas, preferéncia polo leite foráneo, incumprimento permanente dos acordos por parte da indústria e a distribución, etc.
Desde UUAA, XXAA, SLG e AGACA reitéra-se que son precisamente as empresas de orixe galega, sobre as que ten todas as competéncias inspectoras a Xunta, as que menos están a pagar no mercado, até alcanzar perto dun 10% de média respecto dos operadores de fóra de Galiza.