A reconquista de direitos e liberdades

Editorial de Gara, o9/o8/2o1o

A última década foi fatídica no que a recortes de liberdades e direitos se refere. Os códigos penais da grande maioria de países do mundo foron reformados unha e outra vez para endurecer as penas e flexibilizar as garantias xudiciais. Ao mesmo tempo, desenvolveu-se e institucionalizou-se un discurso de extrema dureza que antepón a seguranza ao resto de valores. En termos represivos, o que antes era excepcional converteu-se em común. O pior de todo é que ese discurso calou nas respectivas sociedades. O retroceso, polo tanto, non só foi real e efectivo no que a restrición de direitos e liberdades se refere, senón que ademais tivo unha vertente ideolóxica que en grande parte conseguiu subverter a escala de valores de moitas persoas. Paradoxalmente, ese discurso ten grande penetración nos sectores sociais mais desfavorecidos, que son á sua vez quen ten engrosado as listas de detidas/os e encarceradass/os até índices que, ao menos nos países mais desenvolvidos, non ten correlación algunha coa realidade social.

 

Por iso é unha boa notícia que, apesar de non entrar ao fondo da cuestión e deixando de lado as detencións baixo xurisdicción excepcional, o Consello Constitucional francês teña declarado a lei de detención ilegal. O Consello declarou que os limites postos nesa lei á asisténcia por parte dos avogados implican indefensión. Non obstante, resulta incomprensíbel que o Conselho teña dado ao Governo unha moratória dun ano para introducir as reformas necesárias para garantir a defensa das persoas presas. Mais, en todo caso, é positivo en canto reverte a tendéncia instalada de endurecer as condicións de detención dentro da Unión Europea.

 

É significativo que a declaración de inconstitucionalidade se teña conseguido a raiz do labor de denuncia dun grupo de xuristas. Num momento no que os poderes lexislativo e xudicial estão abonados ás doutrinas mais retrógradas do Direito, é importante marcar e desenvolver unha axenda que reverta esa tendência e afonde na conquista de unha maior liberdade.