O MpB apoia as reivindicacións das traballadoras e traballadores do Comité de Empresa de SEAGA
O Movemento pola Base fai-se eco e apoia as reivindicacións e conclusións expresadas polas/os representantes da CIG no Comité de Empresa de Seaga que apresentaron a sua análise do desastre forestal en conferéncia de prensa.
O Movemento pola Base esixe que se atendan na maior urxéncia tais reivindicacións e que se cumpran as demandas das traballadoras e traballadores de SEAGA. O MpB reclama que se dea prioridade a formación/prevención co fin de que non asistamos, ano tras ano, o Pobo galego a estas vagas de lumes, esixe unha normativa galega própria, e un maior investimento en médios axeitados.
O MpB esixe ao Goberno galego que xestione mellor e máis eficazmente os nosos montes, e esixe que a Xustiza investigue aos que ocultados están a provocar estes montes, é de salientar que tras dunha queima en determinado lugar aparece máis tarde que cedo un interese urbanístico. O Goberno autonómicio se non asume as suas responsabilidades, eludiu-nas até o de agora, fai-se responsábel da situación descrita polas Compañeiras e Compañeiros de SEAGA.
Entre as críticas que fixeron públicas, salienta a dirixida á escasa formación que receben as e os brigadistas, que neste Verán se reduciu a un "folleto de catro ou cinco páxinas e unha palestra de cinco minutos". E iso só despois de que a Inspeción de Traballo reclamase alguha formación específica para o persoal que apaga os lumes nos montes galegos.
Irregularidades comprobadas
Segundo explicaon os trabalhadores e trabalhadoras, a reunión na que a empresa tivo que dar explicaciós á Inspecçión de Traballo sobre o acontecido no pasado 17 de Agosto, "ficou claramente acreditado que a empresa non está, nen muito menos, en dia nas suas obrigas em matéria de prevención, seguranza e formación". Dai a esixência de formación para as 2.400 pessoas que integran o seu cadro de persoal.
A CIG considera imposíbel que con palestras de cinco minutos podan evitar-se situacións como a que se produciu en Fornelos (dous traballadores mortos): "Consideramos que no médio da campaña non é normal que non se cumpram as normas mínimas de prevención nen as equipas de proteción cumpran cos mínimos requisitos esixíbeis".
Falta de materiais e equipamentos axeitados
A prevención de riscos é incumprida pola empresa en numerosos pontos, segundo os e as representantes da CIG, que puxeron exemplos: contactos térmicos, radiacións, contacto com substáncias nocivas nos incéndios, etc. O persoal carece de fundas ignífugas axeitadas, submetidas a controis de manutención. Tamém as máscaras teñen fallas na proteción contra o monóxido de carbono, que é un dos gases a que se expoñen nun incéndio, entre outras caréncias materiais e de recursos.
A conclusión é que o critério da benefício económico é prioritário sobre a própria seguranza, segundo denunciaron representantes dos trabalhadores e trabalhadoras, o que deriva da privatización dun serviço fundamental como é a extinción de incéndios. De facto, o Secretário Nacional de CIG-Serviços lembrou que do "modelo Seaga" participaron tanto o governo bipartito (PSOE-BNG) como o actual do Partido Popular.
Precaridade, eventualidade, falta de profisionalismo, auséncia e prevención, nula experiéncia, escaso coñecimento do terreo... unha política própria do capitalismo neoliberal de que participa os tres partidos con representación no Parlamento autónomo galego.
Editado em www.diarioliberdade.org
Foto: CIG.