Chamamento da Central de Traballadores de Cuba a evitar holocausto

O Movemento pola Base fai-se eco do chamamento internacional da Central de Traballadores de Cuba a evitar holocausto
Editado en www.cubadebate.cu , 9 Agosto 2010 

 

A Central de Traballadores de Cuba (CTC) fixo un chamamento urxente a todas as organizacións sindicais do mundo, a sumar esforzos para evitar un novo holocausto.

 

Nunha mensaxe publicado hoxe no xornal Trabajadores, a CTC insta a persuadir ao presidente estadounidense Barack Obama de que non dea a orde de iniciar esa acción e que se brinde unha oportunidade á paz.

 

Sinala que "é unha hora crucial para que o movimento sindical convoque aos prémios Nobel de todas as latitudes a fin de convencer a Obama, tamén Premio Nobel, de facer valer ese alto recoñecemento, que tan tempranamente lle foi outorgado,e demostrar con accións o seu merecemento".

 

“A obsesiva ameaza de as grandes poténcias, encabezadas por Estados Unidos, de lanzar un ataque militar contra Irán, está a punto de desencadear un conflicto nuclear de incalculábeis consecuéncias”, di o texto.

 

E engade "que esa conflagración involucraria ao cercano e lonxano Oriente, e afectaria a vida e integridade de toda a rexión, tal e como alertara o Comandante en Xefe Fidel Castro na sesión extraordinária do Parlamento cubano do sábado pasado".