O MpB apoia á Manife en Pontevedra contra as touradas, 31/o7/2o1o
O Movemento pola Base súma-se á convocatória de Manife contra as Touradas que se vai celebrar en Pontevedra o 31 de xullo do 2o1o. O MpB fai seu o comunicado da Coordenadora Antitouradas de Pontevedra, que "manifesta a sua profunda satisfacción polo éxito da Iniciativa Lexislativa Popular “Prou” -respalada por 18o.ooo sinaturas e aprobada hoxe no Parlament de Catalunya por 68 votos a favor, 55 en contra e 9 abstencións- que desterrará as touradas deste território a partir de 2012.
A medida representa un paso de xigante para o movemento antitaurino, xa que demostra a capacidade da sociedade mobilizada para deter a tortura de animais convertida en espectáculo. En realidade, a inmensa maioria da sociedade catalá -ao igual que a galega e a pontevedresa en particular- é desde hai tempo abrumadoramente contrária a este sanguento ritual convertido en negócio para uns poucos, ainda por riba subvencionados con abondosos fundos públicos. Con certeza, a decisión adoptada en Catalunya terá continuidade máis cedo que tarde noutros lugares, particulamente en Galiza: podemos afirmar que esta indignidade ten os dias contados.
Neste sentido, a Coordinadora pregúnta-se de que serve contar cunha Lei de Protección Animal autonómica se exclue explicitamente as touradas, xa que dificilmente podemos pensar a dia de hoxe nun ataque tan cruel e público contra os animais, e ainda contra a vontade maioritária da cidadania (por poñer un exemplo, un estudo de Gallup reflicte que o 86% dos galegos “rexeitan ou aborrecen” as touradas).
Así, reiteramos hoxe as nosas principais demandas amparados por este interesante e proveitoso precedente, que se suma á prohibición das touradas nas Canárias en 1991: o cese inmediato de axudas ás touradas, a modificación da Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Selvaxes en Cautividade, o cesamento do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, asi como a supresión nos programas de festas editados polo noso Concello, a declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais” e a reconversión da praza de touros nun Coliseum para espectáculos culturais e concertos.
Por último, a Coordenadora anima a toda a sociedade a manifestar-se o próximo sábado 31 ás 2o.oo h na Peregrina en protesta pola matanza anunciada de 24 touros durante as festas da cidade, e en defensa da abolición desta tortura. A manifestación está convocada por dúcias de colectivos de todo tipo".
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| prou-braus.jpg | 85.49 KB |