Organizacións internacionais súman-se á defensa da autodeterminación de Galiza
Causa Galiza apresentou o dia 24 de xullo ás 12:oo horas na Libraria Couceiro un manifesto de apoio á defensa do direito de autodeterminación para Galiza que está a realizar a iniciativa. Na conferéncia de prensa participaron Adam Majó, concelleiro das Candidatures d’Unitat Popular en Manresa, e Txelui Moreno, portavoz da esquerda abertzale, que expuxeron a situación da loita soberanista en Cataluña e no País Vasco.
A Libraria Couceiro de Compostela foi o lugar escollido pola Causa Galiza para apresentar onte un manifesto, asinado por Candidatures d’Unitat Popular, Ezker Abertzalea, Libertat! e Reseau de Résistence du Québecois, no que estas organizacións dan o seu “pleno apóio á loita dos galegos e das galegas que, defendendo os seus direitos colectivos como pobo, sosteñen un pulso estratéxico para conquerir a conquista efectiva da soberania”, dado que “o pobo galego é o único depositário e titular lexítimo da soberania sobre o território e os recursos de Galiza”. Na conferéncia de prensa participaron Charo Lopes, membro da portavocia da Causa Galiza, Adam Majó, membro da Secretaria Nacional das Candidatures d’Unitat Popular catalás e Txelui Moreno, portavoz da esquerda abertzale basca.
Máis información en http://www.causagaliza.org
_____________________________________________
Comunicado de apoio ao recoñecemento do dereito de autodeterminación de Galiza
As organizacións asinantes deste comunicado, coñecedoras da situación de opresión nacional que vive Galiza, a quen o Estado español lle nega de xeito sistemático o exercicio da sua soberania, e a petición da entidade nacional galega CAUSA GALIZA, no día de hoxe, DECLARAMOS:
1. Que o POBO GALEGO é o único depositário e titular lexítimo da soberania sobre o território e os recursos de Galiza, que, como Nación que é, lle corresponde exercer libremente o seu DIREITO DE AUTODETERMINACIÓN, sistematicamente negado por España e o marco xurídico-político sobre o que este estado se asenta, que vulnera o Direito Internacional Público e, xa que logo, a plena efectividade dos direitos humanos individuais dos cidadáns galegos e das cidadás galegas.
2. O noso pleno apóio á loita dos galegos e das galegas que, defendendo os seus direitos colectivos como pobo, sosteñen un pulso estratéxico para conquerir a conquista efectiva da soberania, a liberdade e a democrácia no seu País.
3. Que para os pobos que como o galego, e como os de moitos das organizacións que asinamos este comunicado, o direito de autodeterminación, para alén de nos corresponder de xeito inalienábel por próprio direito, existen razóns de natureza sócio-económica para querer-mo-lo conquistar e exercer, xa que o control sobre o noso território e os nosos recursos é a condición imprescindíbel para que os nosos pobos poidan conquistar un futuro de auténtica prosperidade e benestar.
VIVA A LOITA DOS POBOS POLA SUA LIBERDADE!
VIVA GALIZA CEIBE!
Asinantes:
Candidatures d’Unitat Popular (Países Cataláns)
Ezker Abertzalea (País Vasco)
Libertat! Esquèrra Revolucionària d’Occitània (Occitania)
Réseau de Résistance du Québécois (Quebec)