Causa Galiza disponibiliza o programa completo para o 25 de Xullo
Trás a marcha unitária do soberanismo galego, convocada por cuarto ano consecutivo, que terá saida o 25 de Xullo ás 13:ooh da Alameda de Compostela, Causa Galiza organizará un xantar de convívio no parque de Belvís e numerosas actividades políticas, culturais e deportivas para o Dia da Pátria, cuxo programa disponibilizou completo hoxe. Os actos do parque de Belvís desenvolverán-se sobre dous espazos centrais con programación paralela. No espazo político van-se realizar diversas charlas sobre a autodeterminación, mentres que no literário se levarán a cabo distintas apresentacións de libros.
Asi, os actos do Espazo Político darán comezo ás 17:oo h co debate A loita pola autodeterminación. Galiza, Euskal Herria e Països Catalans, no que se dará unha perspectiva da loita soberanista no Estado Español e no que van participar, ademais dun representante de Causa Galiza, delegacións bascas e catalás desprazadas até Compostela para o 25 de Xullo. As outras duas charlas estarán centradas na relación do direito de autodeterminación con outras loitas. Así, ás 18:oo h vai debater-se sobre Movemento obreiro e autodeterminación. Respostas á situación actual, coa presenza de Ricardo Castro, secretário xeral da CUT e Paulo Rubido, secretário nacional da CIG-Servizos. E às 19:oo h terá lugar a última charla, sobre Lingua e autodeterminación, coa presenza de activistas en defensa da lingua.
Pola sua banda, no Espazo Literário terán lugar presentacións de diversas publicacións. Así, ás 18:oo h comezarán os actos coa apresentación do libro colectivo "Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural", editado polo Cineclube de Compostela, con presenza dalgúns dos autores. Ás 19:oo h será o turno de Júlio Teixeiro, que ven apresentar o seu libro "Recessom ou colapso?. Teoria da crise dos marxismos", e o profesor de ciéncia política Carlos Taibo fechará o espazo ás 2o:oo h para apresentar "Decrescimento, crise, capitalismo".
Paralelamente, e a partir das 16:3o, van desenvolver-se no parque de Belvís distintas actividades paralelas nas que participan outros colectivos, como o partido de fútbol organizado por Siareir@s Galeg@s, o aberto de billarda convocado pola Liga Nacional de Billarda ou as actividades para nenos e nenas a cargo de Agarimar. Ademais, como o ano pasado, tamén se vai celebrar unha feira de asociacións ao longo da tarde.
Para fechar o programa de actos do Día da Patria, ás 21:00 horas terá lugar un concerto no mesmo parque de Belvís, coas actuacións de Projecto [‘trεpja], Labregos no tempo dos Sputniks e Fracasados de antemano, que porá o fin de festa a unha nova convocatoria unitaria do soberanismo organizada por Causa Galiza.
Programa de actos para o Dia da Pátria
MANIFESTACIÓN (CON SAÍDA NA ALAMEDA)
13:oo h Manifestación unitaria co lema Para enfrentarmos o capital, aquí e agora soberanía nacional.
ZONA DE XANTAR (PARQUE DE BELVÍS)
14:3o h Xantar popular (prezo 10 €)
ESPAZO POLÍTICO (PARQUE DE BELVÍS)
17:oo h A loita pola autodeterminación. Galiza, Euskal Herria e Països Catalans.
Causa Galiza
Delegación Basca
Delegación catalana
18:oo h. Movemento obreiro e autodeterminación. Respostas á situación actual
Ricardo Castro. Secretário Xeral da CUT
Paulo Rubido. Secretário Nacional da CIG-Servizos.
19:00 h. Lingua e autodeterminación
Activistas en defensa da lingua
ESPAZO LITERÁRIO (PARQUE DE BELVÍS)
18:oo h Apresentación do libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, do Cineclube de Compostela.
19:oo h Apresentación do libro Recessom ou colapso?. Teoria da crise dos marxismos de Júlio Teixeiro.
2o:oo h Apresentación do libro Decrescimento, crise, capitalismo, de Carlos Taibo.
ACTIVIDADES PARALELAS A PARTIR DAS 16:3o h (PARQUE DE BELVÍS)
Partido de fútbol (organizado por Siareir@s Galeg@s)
Aberto de billarda (organizado pola Liga Nacional de Billarda)
Espazo para nenas e nenos con actividades (organizado por Agarimar)
Feira de asociacións
CONCERTO (PARQUE DE BELVÍS)
21:oo h Fracasados de antemán
Projecto [‘trεpja]
Labregos do tempo dos Sputniks