Para enfrontarmonos ao capital, aqui e agora, soberania nacional-- DIA DA PÁTRIA 2o1o
Adiantándo-nos aos tempos habituais, a iniciativa autodeterminista CAUSA GALIZA puxo hoxe en circulación o cartaz que chamará as galegas e galegos a manifestar-se neste 25 de Xullo en Compostela baixo a lexenda Para enfrontarmonos ao capital, aqui e agora, soberania nacional. Desde primeiros de mes millares de exemplares do elemento publicitÁrio que ilustra esta información ocuparán ruas e prazas das vilas e cidades galegas, chamando o pobo a reagrupar-se frente as agresións do Capital e o Estado español e reivindicar un elemento chave para superar a crise capitalista e o sistema que a xera inevitabelmente: a Soberania Nacional.
7000 cartaces distribuirán-se ao longo de Xullo en todo o território galego convocando a cidadania galega a se mobilizar reivindicando a Soberania Nacional frente á crise sistémica en que estamos imersas e imersos. A iniciativa publicitária de Causa Galiza complementará-se coa realización de palestras en diversas comarcas da Nación, a distribución de material informativo, as concentracións comarcais e un intenso esforzo organizativo por parte das asembleas comarcais do foro soberanista que non pasará desapercebido e do que iremos dando conta no portal de causagaliza.orgl.
Desde a óptica da CAUSA GALIZA, a actual ofensiva do Capital contra a clase traballadora galega, a necesidade de acumular e reagrupar forzas para enfrontar e frear as agresións en curso e a reivindicación da Soberania Nacional, como instrumento e poder de decisión que facilita o combate contra o capital, fan parte dun todo único e indivisíbel. É esta unidade entre a combatividade masiva que esixe o horizonte imediato e a reivindicación de autodeterminación e soberania a idea que tratamos de fazer “visíbel” neste Día da Patria.