Concentración o o2/o7/2o1o en Compostela

Na Asemblea da Plataforma Galega de Defensa do Sistema Público de Servizos Sociais, o pasado dia 17 en Compostela, acordou-se facer un acto de denúncia do desmantelamento do Sistema Público Galego de Servizos Sociais que se está a levar a cabo dende o Goberno da Xunta, coincidindo coa asemblea de disolución do Consórcio Galego prevista para o vindeiro venres, dia 2 de xullo ás 12 horas no Palácio de Congresos e Exposicións de Compostela.

Por este motivo, dende a Comisión de Coordinación, fixo un chamamento para que "todas as entidades e persoas que poidades participedes o vindeiro venres día 2 de xullo ás 11,30 horas na concentración da Plataforma en Defensa do Sistema Público de Servizos Sociais no Palácio de Congresos e Exposicións de Compostela, como acto de denúncia diante do desmantelamento do Sistema Público Galego de Servizos Sociais que está a levar a cabo o actual Goberno da Xunta.

O MpB apoia e participará nesta convocatória.-