Festa da República Galega
Festa da República Galega
Vários colectivos da comarca de Ordes (A.C.Lucerna, A.C.Foucelhas, A.C. A Aldraba, A.C. A Revoltosa), de Bergantiños (A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos) e de Compostela (a Comissom de Memória Histórica da Gentalha do Pichel) organizan para o 27 de Xullo uha festa comemorativa do 79º Aniversário da proclamación da República Galega, efectuada em Compostela durante a folga dos traballadores do camiño-de-ferro no 27 de Xuño de 1931, xusto antes das elecións ás Cortes Constituíntes da República Española.
Polo simbolismo do sitio, a festa fará-se na estación vella de Xesteda (Cerceda), abandonada ao paso do AVE, e situada á beira do Lenguelle. Ainda que o programa está aberto a novas incorporacións e/ou modificacións, en princípio será o seguinte:
FESTA DA REPÚBLICA GALEGA
27 de Xuño de 1931 - 27 de Xuño de 2010: 79º Aniversário da proclamación da República Galega
-12h00: passaruas con gaiteiras/os.
-12h30: acto explicando a comemoración, e os feitos daquele revolucionário ano de 1931. Haberá tamém unha exposición.
-13h00: sessom vermouth.
-14h00: xantar popular, a cargo do Sindicato Labrego Galego, con produtos da zona.
-16h00: aberto de billarda.
-17h00: mentres continua a bilharda actuará o clown Fredi para as crianzas.
-Á tarde haberá tamém proxecións de documentários relacionados cos feitos, e mesmo poda que haxa un estreo dun documentário realizado para a ocasión.
CAUSA GALIZA informa que os colectivos que o desexem tamén poderán instalar un posto com o seu material.
-Á noitiña comezarán as actuacións musicais. Tocará Leo i Arremecághona e Mini e Mero, mais é posíbel que haxa mais actuacións.