O MOVEMENTO POLA BASE CONDENA A BRUTAL MASACRE PERPETRADA POLO EXÉRCITO ISRAELÍ
Máis unha vez asistimos, con fonda indignación, a unha masacre do Estado sionista israelí contra o pobo palestiniano e, neste caso, ademáis contra activistas solidarios/as internacionais. De novo Israel vulnera a legalidade atacando un barco en augas internacionais, que ademáis transportaba axuda humanitaria para un dos lugares máis masacrados de Palestina: a franxa de Gaza.
De certo que nestes días asistiremos ao clásico e patético espectáculo de condenas, sempre simbólicas e nunca reais, dos estados e organizacións que na prática non fan outra cousa que apuntalar o Estado Sionista e permitir de facto que este actúe como lle conveña vulnerando os dereitos humanos colectivos e individuais do pobo palestiniano. Non acreditamos en duplos discursos nen en posicións intermedias. A única solución que pode evitar estas masacres intermitentes é a constitución do Estado Palestiniano, libre e soberano e a aniquilación do rexime sionista, que polo seu carácter xenófobo e totalitario non pode ter cabida nun mundo de pobos ceibes.
O Pobo Galego ten que demostrar a súa repulsa diante de tanta barabarie, polo que animamos ao conxunto dos/as traballadores/as e do resto do Pobo a acudir masivamente a todas as convocatorias que no País se realicen contra este último despropósito do fascismo sionista.
Mañá o1/o6/2o1o ás 2o.3oh CONCENTRACIÓN en Compostela na Praza do Toura, contra o brutal ataque asasiño feito polo exército israelí ao barco de axuda humanitaria que ia cara Gaza!! Galiza non tolera esta masacre!!! E á mesma hora en A Coruña no Obelisco.