O MpB apoia á Manife pola Recuperación da Ria e Criación de Postos de Traballo
MANIFESTO
A pesar das promesas dos sucesivos gobernos da Xunta de Galiza, o complexo industrial ENCE-ELNOSA continua en Lourizán destruíndo os recursos naturais, o médio ambiente, a saude e a economia da comarca de Pontevedra. Segue a ser o problema ambiental máisimportante da comarca e segue a impedir o seu desenvolvimento racional. Non se podeesquecer que:
- O desenvolvimento económico dos concellos da Ria ten que vir da man da explotaciónracional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos, un modelo sustentábel dedesenvolvimento quen de criar máis postos de traballo que os derivados do complexo.
- O complexo industrial de Lourizán é incompatíbel con este modelo de desenvolvimento.
- O complexo ENCE-ELNOSA representa só o 0.5% do traballo na comarca e destrue máispostos de traballo dos que cria.
Pero, ademais, o complexo ENCE-ELNOSA segue a incumprir a lexislación e impide a mellorada calidade de vida das persoas da comarca, un direito ao que non podemos renunciar.
Na ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RIA non somos alleos á situación de crise económica pola queestamos a atravesar nen á perda de postos de traballo na comarca. Pero negamos-nos a admitir a chantaxe das direccións empresarial e sindical de CELULOSAS e ELNOSA, que aproveitan esta situación para reivindicar a permanéncia do complexo no seu emprazamento actual; non podemos esquecer que ENCE-ELNOSA, lonxe de ser a solución, é o problema.
Unha ampla maioria na comarca somos contrários á presenza do complexo na Ria, e todas asforzas políticas –que din optar pola busca dun emprazamento alternativo- deixan nas mans daempresa calquera solución e limítan-se a facer declaracións. E xa abonda de declaraciónspomposas!
Na ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RIA esiximos o fin inmediato e definitivo da actividade industrial de ENCE-ELNOSA. Esiximos ao goberno da Xunta que tome decisións e comece por non renovar no 2011 as Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e ELNOSA, e chamamos á mobilización social que obrigue ás distintas administracións públicas a afrontaren decididamente o problema, a comprometer-se na defensa do modelo económico que vimos de subliñar, e a facer realidade o desexo desa ampla maioría social que aspiramos a ver a Ria sen ENCE-ELNOSA.
PORQUE A RECUPERACIÓN DA RIA, DA SAUDE E DOS POSTOS DE TRABALLO NON PODE AGARDAR MÁIS: CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DA RIA XA !!!
SÁBADO 5 DE XUÑO
MARCHA CONTRA CELULOSAS
SAÍDA ÁS 19:30 DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA
AO REMATE: POLBADA NA PRAZA DA PEDREIRA