URBASER, SOLUCIÓN XA!!

O Movemento pola Base esixe os direitos das traballadoras/es de URBASER. Diante das declaracións de hoxe do irresponsábel Alcalde Bugallo, na que bota máis lixo e provocación ao conflicto, e diante da "ensinanza pedagóxica" que quer extender a toda Clase Traballadora, o MpB esixe a Solución do Conflicto na que se recollan os direitos laborais irrenunciábeis, a readmisión dos tres traballadores despedidos. O Alcalde e a Concelleira Santullano estiveron a contaminar o conflicto, erexíndo-se como parte do mesmo na contra dos traballadores, e negan a súa inmoralidade manifesta. O MpB entende que as reivindicacións dos traballadores son xustas, e apoia ás mobilizacións desde o seu comezo. A existéncia de acompañamento policial é unha provocación premeditada e inxustificábel, que cria alarmismo e, mesmo, tenta provocar outros incidentes. O posíbel desembarco doutras empresas foráneas na recollida do lixo é inxustificábel, e deixa ben ás claras a caste de alcalde e de empresário que están a negociar a estas horas o Convénio. Por un Convénio digno, Folga!! Despedidos readmisión!!