Mobilización contra as medidas antisociais e inxustas anunciadas polo Goberno!!
Na defensa dos salários, do emprego e dos servizos públicos, mobilicémos-nos contra as medidas antisociais e inxustas anunciadas polo Goberno!!
O Movemento pola Base, MpB, apoia ás mobilizacións da CIG, e denúncia as entidades sindicais CCOO- UGT e CSIF por seren entreguistas e cúmplices coas medidas anunciadas do Governo. A pasividade destas entidades non nos colle de surpresa, quen batalla no dia a dia na defensa dos intereses lexítimos da Clase Traballadora Galega sabiamos que non ian ter a valentia e a forza de sumar-se ás mobilizacións que a CIG convoca-se. Os dirixentes destas centrais sindicais españolistas pretenden dar unha imaxe cara ás traballadoras e traballadores que van convocar mobilizacións, mentres están a pactar -unha vez máis- co Goberno de Madrid as medidas reacionárias.
A CIG salienta no seu web que CCOO-UGT e CSIF rachan a unidade sindical, non queren paralizar as medidas anti-direitos proletários, e negan a posibilidade de convocar unha Folga Xeral extensiva a todos os sectores, pois a CIG entende que o recurte non só afecta á área pública.
MOBILÍZA-TE contra as medidas antisociais e inxustas anunciadas polo Goberno:
Dia 20 de Maio ás 19.ooh Concentracións nas sete cidades galegas:
- Compostela Praza do Toural
- A Coruña Delegación do Goberno
- Lugo Subdelegación do Goberno
- Ourense Subdelegación do Goberno
- Vigo Rua do Príncipe
- Pontevedra Subdelegación de Goberno
- Ferrol Edifício Administrativo da Xunta de Galiza
Concentración diante da Delegación de Goberno (A Coruña) o dia que se debata nas Cortes o decreto lei
Dia 2 de Xuño Concentracións diante de diferentes postos de traballo
Dia 8 de Xuño FOLGA e Manifestación en toda a área pública.