O MpB apoia á convocatória de Mocidade pola Língua de Folga no Ensino Secundário

O Movemento pola base apoia a convocatória de convoca xornada de Folga.  A Mocidade convoca o vindeiro 12 de maio á Folga pola Língua en todos os centros de ensino secundário do País, acompañada de manifes nas principais comarcas durante a mañá do paro.

Contra a intoxicación e a demagóxia

O españolismo mais violento está a desenvolver unha campaña contra o galego a base de mentiras e victimización. É unha irrealidade impór o idioma próprio ao pobo. O único imposto a base de humillacións e golpes é o castellano. E calquer pobo do mundo ten o direito a que se respete a sua forma de entender e de expresar o mundo: a língua. Este é un direito conculcado ao pobo galego. Unha agresión que afecta a todas e cada unha das persoas de este País, as que resisten falando galego e as que xa falan o idioma do invasor.

26945

A análise da situación sociolingüística non dá trégua, e a Mocidade pola Língua non pensa claudicar nas reivindicacións básicas, como o único xeito de permitir a pervivéncia do idioma da Galiza. Despois de levar a cabo a campaña do 26945 durante meses por todo o País, a solución ao enigma acheganos á realidade: son moitas as miles de persoas que cada ano se ven empurradas a abandonar o galego. Esta situación insostíbel só tem unha solución: reaxir, organizar-se e luitar contra o os inimigos do noso idioma.

Reivindicacións

Está demostrado que o monolinguismo social é a única via para a saúde e conservación dun idioma. Asi que non valen para salvar o galego os decretos de miséria, nem o actual, nem o anterior. Calquer tipo de cuotas á língua dun pobo é un asoballamento que leva ao extermínio, con mais ou menos celeridade. Por tanto apelamos a que o obxetivo estexa no 100%, como seria o caso de calquer País normal.

Chamamos á desobediéncia firme, consciente e activa contra o decreto do PP tanto do alunado, canto do profesorado. Debemos defender a língua con todas as consecuéncias e a Xunta debe saber que calquer imposición será respostada com firmeza, a moribunda situación do galego xa non permite permanecer ao marxe do conflito, o profesorado que continue impartindo en espanhol será responsábel da morte do galego.

O direito a receber a nosa educación na nosa língua, é un direito colectivo que temos como pobo e como estudantado. Somos galegas e a língua natural na que historicamente nos construimos como colectividade e baseamos a nosa identidade é o galego. Non existe o direito individual a elexer a língua da tua filha. Cando un/ha pai ou nai elexe o espanhol, o que está é violentando o direito de esa pessoa a estudar na sua própria língua.

Organiza-te e defende o teu idioma!

Queremos viver na nosa língua!

Contra o españolismo, nen un paso atrás!

Convocatórias de Manifestacións nas distintas comarcasMocidade pola Língua , 07.05.2010, (Id: 23135)Manifestacións o dia 12 de Maio:

Compostela: Alameda ás 12:00hh.

Vigo: Praza dos Cabalos ás 12:00hh.

Pontevedra: Igrexa da Peregrina às 12:00hh.

Ourense: Praza Maior ás 12:00hh.

Lugo: diante da Faculdade de Maxistério ás 12:00hh.