O Movemento pola Base apoia as convocatórias da CIG do 1º de maio
O MpB nesta data do Día do Internacionalismo Proletário sae á rua para esixir emprego para todas e todos!! Por uns salários dignos!!
Neste tempo no que o modelo socioeconómico capitalista selvaxe está a provocar o desemprego crecente, neste momento que os Gobernos non atinan máis que parchear as fendas da crise, o MpB berra con forza que a Crise do Capital que a pague a Patronal!! O déficit público que o pague o capital!!!
O MpB denúncia as centrais sindicais españolistas que pactan de costas aos intereses lexítimos da Clase Traballadora. Estas entidades que asinan sempre o mal chamado Pacto Social, son pactistas cos intereses da Patronal. En moitos casos, en moitas empresas e negociacións, a UGT e as CCOO son as que dinamitan as melloras sóciolaborais das traballadoras e traballadores. Nos últimos anos en várias mobilizacións tivemos as Compañeiras e Compañeiros da CIG grandes enfrontamentos por seren estas duas sindicais inimigas dos intereses da Clase Traballadora Galega.
Non ao Pacto Social!! Non ás Mesas de Diálogo Social pois son trémolas que nos envolven en dinámicas nada solventes para os nosos intereses proletários.
Acreditamos que a solución pasa inevitábelmente pola Soberania Nacional, pola independéncia de Galiza, pois deste xeito a defensa do noso tecido productivo non seria mercadoria en negociacións que din que se fan a prol nosa, defraudando a todas e todos os galegos
O MpB define a xustiza social en base tamén ao parámetro de quen máis ten que pague máis, de igual traballo igual salario. Abonda de promesas: Reforma fiscal xa!”
Non á reducción do gasto social!! Non ao recorte orzamentário en Servizos Sociais, Saúde e Educación!!
POLA SOBERANIA NACIONAL, XUSTIZA SOCIAL!!
VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETÁRIO!!