O MpB reforza o apoio ao sindicalista Rafa Díez Usabiaga
O MpB apoiou o dia 13 de outubro do 2009 ás Compañeiras e Compañeiros detidos por orde do xuíz Baltasar Garzón. Naquela data o MpB solidarizou-se co sindicato LAB, e o Movemento pola Base amosaba a solidariedade co Compañeiro Rafa Díez. Hoxe instamos a sumar apoios para que as restricións impostas sexan anuladas, e que as vindicacións soberanistas non volten ser cercenadas. Sumamos-nos a todo o seu traballo a prol do direito das clases populares a viver nun pobo onde os seus direitos se respeten e onde imperen os princípios democráticos que conduzan a Euskal Herria á soberania nacional!!
GARA (26/abril/2010) DONOSTIA-. "Rafa Díez quedou en liberdade o dia 26 de abril, pola tarde tras abonar a fianza de 30.000 euros que lle impuxo a Audiéncia Nacional española. O xuíz Baltasar Garzón decidiu impór-lle restricións para participar en política, do mesmo xeito que fixo cos dirixentes independentistas que recobraron a súa liberdade nas últimas semanas. Ademais, impúxo-lle duas comparecéncias semanais no xulgado e retirou-lle o pasaporte, segundo a axéncia Europa Press. Unha delegación de LAB, encabezada pola secretária xeral, Ainhoa Etxaide, esperába-lle á sua saída do cárcere madrileño de Estremera para acompañarl-le no seu regreso a Euskal Herria. Numerosos médios de comunicaciíon fixeron tamén acto de presenza no lugar. Xa pola noite, Díez foi recebido por familiares e amigos en Lasarte. O ex secretário xeral do sindicato abertzale foi arrestado o pasado 13 de outubro na sede de LAB de Donostia, en Igara, xunto a Arnaldo Otegi, Rufi Etxeberria, Sonia Jacinto e Arkaitz Rodríguez, nunha operación ordenada polo xuíz Baltasar Garzón na que tamén foron apresados Txelui Moreno, Amaia Esnal, Miren Zabaleta, Mañel Serra e Ainara Oiz. Tres días despois o xuíz Garzón enviou a prisión a Díez, Otegi, Zabaleta, Jacinto e Rodríguez, por tomar iniciativas políticas ou sindicais en favor da solución ao conflito e da unión de forzas soberanistas". Máis información en http://www.gara.net/