Manife en Madrid "Por unha agricultura e alimentación libres de OXM" e "Non ao control das multinacionais sobre a Agricultura e a Alimentación!"
O Movemento pola Base apoiou e participou na Manife en Madrid "Por unha agricultura e alimentación libres de OXM" e "Non ao control das multinacionais sobre a Agricultura e a Alimentación!
O MpB participou na Manife co Sindicato Labrego Galego e coa Plataforma Galega Antitransxénicos o dia 17 de abril en Madrid, en representación de Galiza.
A convocatória encadrou-se dentro dunha outra de carácter internacional da Via Campesiña. Fíxo-se nesa data como lembranza aos asasinatos de dezanove labregos brasileiros no ano 1996, asasinados pola policia militar cando defendian o seu direito a posuir a terra. Simultaneamente a convocatória de Madrid houbo varios outros actos celebrados en toda a Europa. Desde a masacre en O Dorado dos Carajas, cada ano nestas datas organízan-se accións ao redor do mundo por organizacións de labregas e labregos, comunidades, grupos de estudantes, organizacións non gobernamentais e activistas, para esixir a soberanía alimentaria e o dereito das labregas e labregos de alimentar ás suas comunidades.
Por unha agricultura e alimentación libres de OXM!!