SOLIDARIEDADE CON XURXO R. OLIVEIRA NON AOS XUÍZOS POLÍTICOS CONTRA @S PATRIOTAS GALEG@S

SOLIDARIEDADE CON XURXO R. OLIVEIRA NON AOS XUÍZOS POLÍTICOS CONTRA @S PATRIOTAS GALEG@S Desde o Movemento pola Base (MpB) queremos amosar a nosa repulsa diante do novo xuízo político que se vai celebrar en Madrid, diante do “Juzgado Central de Menores”, organismo dependente do tribunal de excepción chamado Audiéncia “Nacional”, contra o mozo galego Xurxo R. Oliveira, que leva tres meses encarcerado nun centro de menores a centos de quilómetros do seu domicílio. Mais unha vez, o Estado español vulnera os direitos democráticos máis elementais, co agravante de trataren-se neste caso dun menor de idade, con medidas excepcionais de represión, como o dispersamento penitenciário. Após os casos doutros/as militantes independentistas, sometidos/as arbitráriamente a prisión preventiva e condeados finalmente a penas menores, inferiores ao tempo que pasaron en prisión, resulta evidente que estes xuízos non oferecen as máis mínimas garantias legais esixíbeis no procidemento dun Estado de direito. Expresamos a nosa solidariedade con Xurxo e coa sua família e esiximos a sua volta á Terra e a sua posta en liberdade. Abonda xa!! Non máis xuízos políticos contra o independentismo galego! Patriotas galeg@s liberdade!! _______________________

Notícia última hora: Emitida a sentenza do independentista galego Jurjo Rodrigues Olveira,

http://galizalivre.org/?q=noticia/16.04.2010/emitida-senten-do-independe...