Programa da Homenaxe Nacional de Causa Galiza aos mártires de Carral: “1846-2010 Carral, semente da Galiza soberana”
O mes de Abril de 1846 ficará gravado na memória do Pobo Galego polos acontecimentos que levaron por todo o País anceios de liberdade, despois de que o dia 2 en Lugo un batallón do exército se ergue-se sobre o mando de Solis. Logo Compostela, Pontevedra, Tui e Vigo somarían-se a rebelión. En 15 de Abril en Compostela decíde-se criar dous corpos do exército, un deles teria a denominación de “Exército Libertador da Galiza”, asi mesmo constituiria-se unha Xunta Suprema do Reino da Galiza, que contará como Presidente a Pio Rodríguez Terrazo, e como Secretário a un dos principais ideólogos do Provincialismo (movimento no que se situan as orixes do nacionalismo): o mozo Antolin Faraldo. O mesmo será o que redirixa a proclama denunciando o asoballamento no que vive Galiza “convertida nunha colónia da Corte”.
No dia 23 de Abril, em Montouto, na batalla de Cacheiras, será o comezo da derrota dos sublevados. Despois ficaria a última resisténcia en Compostela. Os principais dirixentes desta Revolución Galega de 1846, serán fusilados no dia 26 polo que sempre serán lembrados como os Mártires de Carral. A partir daquela data, o soberanismo galego iria tomando forma e avanzando na sua introdución social até os nosos dias, centrando os seus esforzos desde finais do século XIX en dotar ao noso País dun Estado libre.
Para comemorar esta revolta, Causa Galiza organiza en Carral un ambicioso acto nacional de Homenaxe aos Mártires o sábado 24 de Abril. Para a asisténcia ao acto contamos con ter buses de ida e de volta desde Vigo e Compostela, pasando por Pontevedra e Ordes respectivamente, que se suman aos de liña xa existentes que comunican Carral coa Coruña cada média hora con noite-bus incluido de volta. A data limite para apontar-se aos buses de Causa Galiza será o 21 de Abril e nos vindeiros dias publicaremos os pontos de saida . Recollemos aquí o programa completo de actividades:
PROGRAMA de Causa Galiza do Sábado 24 de Abril, Carral
18:00h Concentración no Monumento aos Mártires de Carral. 18:15h Saida da Rondalla-homenaxe aos Mártires. 19:00h Homenaxe aos Mártires. Igrexa de Paleo. 19:30h Sesión Vermú A Ferro e Lume 22:00h Cea na carpa A Ferro e Lume
24h Concerto na Sala The star:
- Bouba Pandereteiras.
- Zenzar.
- Labregos do tempo dos sputniks.
- Machina.
Para a asisténcia ao acto contamos con bus de ida e de volta desde Vigo pasando por Compostela, Pontevedra e Ordes: - Desde Vigo ás 15.ooh do quiosco da Praza dos Cabalos. - Desde Pontevedra ás 15:3oh da Ponte da Barca. - Desde Santiago ás 16:3o desde o Pazo de Congresos. - Desde Ordes ás 17.ooh diante da casa do concelho. - Desde A Coruña os de liña xa existentes comunican Carral coa Coruña o sábado a cada hora menos cinco até as 21:55h, e de volta hai noitebus ás 4:00h e ás 06:00h. A data límite para apuntar-se ao bus próprios de Causa Galiza será o 21 de Abril. Está aberto o prazo para se anotar através do correo info [at] causagaliza [dot] org ou chamando ao teléfono 630 690 869.