Manifes na defensa da Sanidade Pública
Diante das agresións privatizadoras da Saúde Pública, o Movemento pola Base fai un chamamento á participación nas Manifes en Pontevedra e Ferrol na defensa da Sanidade Pública e dos postos de traballo os dias 7 e 11 de abril, ás 2o:3o h desde o CHOP e ás 12 h desde o Ambulatório Fontenla Maristany, respectivamente. A semana próxima as mobilizacións na defensa da sanidade pública galega van continuar nas cidades de Pontevedra e Ferrol. Organizacións sindicais e a Plataforma para a defensa da sanidade da área ferrolá teñen convocadas cadansúa manifestación os días 7 e 11 de abril, respectivamente, en contra das medidas privatizadoras que o goberno galego está a pór en marcha e na defensa dos postos de traballo. Non á privatización da Sanidade Pública!! En defensa dos postos de traballo!!