Xornada de debate: Construindo alternativas desde o local.

Este sábado 5 de Decembro realizarase na Gentalha do Pichel (Sta Clara, 21) en Compostela unha xornada de debate organizada polo Movemento pola Base sobre a construción de alternativas desde o local. A xornada iniciarase por volta das 10:30 da mañá e centrarase na exposición de proxectos concretos que desde distintos pontos do planeta construen alternativas ao actual sistema. Na xornada da tarde procederase a un debate c@s compañeir@s das Candidatures d`Unitet Popular dos Països Cataláns sobre a súa experiencia e a unha expoosición por parte das organizacións soberanistas galegas das diferentes alternativas que defenden.

A seguir incluimos o programa deste acto aberto ao que convidamos a asistir a tod@s @s nacionalistas:

10:30 Alternativas locais no mundo. Fermin Paz Lamigueiro.

12:00 Alternativas económicas: mercados de proximidade. Lidia Senra.

16:30 Alternativa política desde o local. Palestra con concelleir@s das Candidatures d`Unitat Popular (CUP) dos Països Cataláns e debate con representantes de:

- Colectivo Nacionalista de Marin, Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Movemento pola Base, Nova Esquerda Socialista, NÓS-Unidade Popular e Partido Comunista do Povo Galego.

Se queres descargar o cartaz preme no enlace.

AdxuntoTamaño
cartazlocal3.pdf2.07 MB