Solidariedade con GalizaVídeos.

Desde o Movemento pola Base queremos amosar a nosa solidariedade coa reporteira de GalizaVídeos que será xulgada maña por cubrir informativamente a Cadea humana do 24 de Xullo do ano 2008 organizada polo Organismo anti-rrepresivo Ceivar. A surrealista acusación contra esta compañeira basease exclusivamente na palabra de funcionarios policiais que a acusan de proferir berros e ameazas contra a "autoridade" e non se sostén sobre nengunha outra base documental. É de sinalar, ademais, que a Cadea humana transcorreu sen que se rexistrase nengun tipo de incidente de exceptuarmos a desporporcionada presenza policial tan habitual ultimamente neste tipo de actos.

Desde o Movemento pola Base consideramos que tras desta acusación agóchase a intención das "forzas da orde" de illar socialmente actividades deste tipo, forzando o apagón informativo e penalizando a aqueles medios de comunicación alternativos que, coa sua praxe, contribúen a visibilizar as actividades das distintas organizacións sociais galegas.

É por todo iso polo que facemos un chamamento a todas aquelas persoas sensíbeis coa defesa dos direitos fundamentais para que acudan mañá Xoves, dia 17 de Setembro ás 9:45 hrs, frente aos xulgados de Fontiñas en Compostela, á concentración convocada polo Organismo anti-represivo Ceivar en solidariedade con esta compañeira.