O MpB apoia a manifestación de Causa Galiza do Día da Patria

Ás 13:00 hrs do 25 de Xullo sairá do paseo central da Alameda a manifestación convocada pola entidade soberanista Causa Galiza. Desde o Movemento Pola Base animamos a todos e todas os nacionalistas a participar activamente na mesma asi como na Romaria Popular que se celebrará a partir das 15:00 hrs no Parque de Belvis.

Por terceiro ano consecutivo a inciativa autodeterminista Causa Galiza organiza a manifestación do Día da Patria en Compostela. A mobilización deste ano é especial porque tenta dar novos pulos á entidade asemblear para que esta sume cada día a mais nacionalistas, independentistas e persoas que traballen pola conquista dos direitos que como nación nos corresponden.

Causa Galiza, cuxos principios organizativos garanten a horizontalidade na toma das decisións, o respeito de todas as sensibilidades que hoxe en dia conviven no movemento soberanista e a defensa dun programa de mínimos autodeterminista, era algo que este País precisaba fai tempo. Falamos da construción dun punto de encontro onde todos/as os/as galegos/as que defenden o direito a decidir do noso povo sobre os asuntos que determinan a sua existencia, se sintan cómodos/as. É por iso polo que o MpB reafirma o seu compromiso con esta entidade, porque mais alá dos protagonismos de cada unha das parroquias que formamos o movemento nacionalista/independentista está a causa que nos une: a Causa da Galiza.