Semana de mobiilizacións dos labregos e labregas: avante as tractoradas!

O 13 de xullo comezaba a "Semana en branco pola defensa do sector lácteo", unha mobilización convocada por todas as organizacións agrarias e cooperativas. O Movemento pola Base amosa o seu apoio a estas mobilizacións e as xustas reivindicacións que se están a visibilizar estes dias: pola supervivencia do sector, pola mudanza das políticas agrarias que permitan aos labregos e labregas viviren do seu traballo e que se fixe un prezo xusto para o leite.

Para maior información destas mobilizacións, podedes consultar a páxina web do Sindicato Labrego, onde atoparedes imaxes, videos e os roteiros das tractoradas que se desenvolverán nas próximas xornadas.