O luns 29 de xuño comeza a marcha a pé dos folguistas do Metal a Compostela

Desde as oito da mañá milleiros de folguistas sairán desde Vigo en autobuses para xuntarse cos compañeiros do Metal en folga de Pontevedra, Salnés, Morrazo e Deza para comezar unha marcha a pé, nun novo xeito de se mobilizar pola defensa dun convenio xusto, pola dignidade e loita exemplar deste sector.

Son xa dezaoito os dias de folgas, moitas as accións levadas adiante ao longo destes meses, e de novo os traballadores e traballadoras do Metal volverán amosar a súa forza e vontade colectiva de construir movemento obreiro, desta volta cunha marcha a pé até Compostela, que comeza o luns 29 de xuño, e que rematará o martes 30 ás dúas da tarde, cunha concentración fronte a San Cateano, fronte á Xunta de Galiza, pasiva e ausente neste conflito desde o primeiro momento.

O Movemento pola Base quere amosar o seu apoio a esta marcha asi como á loita exemplar dos traballadores e traballadoras do Metal de Pontevedra, polo seu esforzo e pola súa resistencia contra todos os elementos neste tempos de crise, porque cando queren someter ao movemento sindical máis combativo e participativo, o Metal non se rende.