Nón á represión da loita obreira do Metal en Vigo

Desde o Movemento Pola Base queremos amosar a nosa solidariedade coa loita dos traballadores e traballadoras do metal de Vigo e condenar a brutal represión policial do mércores 3 de xuño.

Estes graves feitos súmanse á actitude intransixente da patronal nos últimos días que, lonxe de querer buscar unha saida xusta para os traballadores neste conflito, pretende a victoria das súas posicións a toda costa. Do mesmo xeito fica claro, mais unha vez, ao lado de quen están as forzas de seguridade e quen os manda.

Ao igual que pensamos que a loita dos traballadores do metal da provincia de Pontevedra é un exemplo de loita obreira, coidamos tamén que a brutal represión de hoxe amosa ás claras cuais son as "receitas" dos xestores do sistema nos tempos de crise: bonificacións e diálogo cos patróns, despedimentos, cadea e represión para os e as  traballadoras. Estámolo a ver todos os días.

Por último, queremos amosar a nosa solidariedade cos traballadores feridos e o noso apoio ás xornadas de folga da vindeira semana. Mais información aqui