EU DECIDO! En defesa do direito ao aborto
A Marcha mundial das mulleres na Galiza está a impulsar unha campaña en defesa do direito ao aborto na sanidade pública. Desde o Movemento Pola Base sumámonos a esta reivindicación fundamental e convidámoste a que asines este manifesto.
Queremos: - Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.
- Que se garanta a soberanía das mulleres sobre o próprio corpo e a propia vida.
- Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción do embarazo sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.
- Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.
- Que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual com perspectiva de xénero no curriculum escolar.
- Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.