Concentración unitaria do sector lácteo pola garantía de recollida e prezo para o leite

O vindeiro Luns 23 de Marzo, o Sindicato Labrego Galego e o resto de organizacións agrarias convocan unha concentración na Coruña diante da Delegación do Goberno ás 11:30 horas. Deste xeito esixenlle á titular do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, unha defensa clara do sector lacteo galego no Consello de Ministros no que se abordará a situación da produción láctea na Unión Europea. Desde o Movemento pola Base animamos a todos e todas as nacionalistas a participar neste acto e a solidarizarse coas reivindicacións do sector lácteo nun momento  no que se está a discutir no Parlamento Europeo un acordo de prezos a nivel comunitario. Mais información aqui.