Homenaxe a Moncho Reboiras
Militantes do MpB déronse cita no cemiterio de Imo (Dodro) o pasado 12 de agosto, para conmemorar o 33º aniversario do asasinato do militante nacionalista e comunista Moncho Reboiras, a mans da policía española en Ferrol. O compromiso militante ofrecido por este compañeiro, primeiro no campo sindical (o seu labor foi fundamental na organización do primeiro sindicalismo nacionalsta), tamén no cultural e finalmente en accións armadas contra a ditadura, levouno a loitar até o último momento e a sacrificar a súa vida para protexer a dos seus compañeiros. Ese exemplo sérvenos hoxe para continuar a súa loita, fieis aos mesmo principios e obxectivos revolucionarios que o guiaban.