O luns 29 de xuño comeza a marcha a pé dos folguistas do Metal a Compostela

Folgametalvigo

Desde as oito da mañá milleiros de folguistas sairán desde Vigo en autobuses para xuntarse cos compañeiros do Metal en folga de Pontevedra, Salnés, Morrazo e Deza para comezar unha marcha a pé, nun novo xeito de se mobilizar pola defensa dun convenio xusto, pola dignidade e loita exemplar deste sector.

Contra a enquisa da vergoña.

Manifestacion en defensa da lingua, 17 de Maio, Compostela

Desde o Movemento Pola Base temos que denunciar a “enquisa da vergoña” que a Xunta de Galicia esta a enviar estes dias aos pais dos alumnos. Enquisa trampulleira e cun contido profundamente xenófobo pois o único que se pretende é deixar patente que numerosos pais e nais achan o galego como un idioma inútil e de pailáns. Este feito non produce sorpresa ningunha pois non é extraño que algunhas persoas dun grupo marxinado acaben asumindo os mesmos argumentos polos que son marxinados.

O MpB apoia a candidatura ao Congreso da CIG encabezada polo compañeiro Cartelle

IV Congreso CIG

O Movemento pola Base apoia a candidatura alternativa para o V Congreso Confederal da CIG promovida por un grupo de afiliados e afiliadas e que encabeza o compañeiro Francisco Cartelle. O MpB identifícase con esta lista por defender o pluralismo ideolóxico da central, a independencia sindical, a auto-organización, a descentralización e o sindicalismo combativo e non pactista.

Adiante coa tractorada!

Tractorada.jpg

Nestes últimos anos vense dando un proceso de precarización dos produtores lacteos do noso País motivado principalmente pola subida de prezos dos combustíbeis e o monopolio nas canles de distribución por empresas alleas aos intereses dos propios labregos.